Elo Technologies e Desoños galardoadas nos Premios INNOVA-Galicia.

O pasado 26 de outubro celebrouse, no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago de Compostela, a entrega de premios aos gañadores do III Edición dos Premios INNOVA-Galicia. Os premios van dirixidos aos productos e servicios tecnolóxicos ou de Internet máis innovadores e con maior proxección, así como a empresas, entidades e profesionais do sector TIC. Celébranse anualmente e nos mesmos participan empresas de tecnoloxía, Internet e contidos dixitais galegas.

Recollida en: Redticos

Presentáronse un total de 71 candidaturas para as 5 categorías oficiáis, que foron: mellor Start-up, mellor emprendedor/a TIC, mellor desenvolvemento 2.0, mellor aplicación para dispositivos móbiles e mellor deseño web. Dúas das empresas asociadas a Eganet foron premiadas nesta terceira edición do certame.

O Premio ao Mellor Desenvolvemento 2.0 foi para Buydeal.es, unha plataforma de promoción de negocios galegos na rede a traves de descontos. Esta plataforma é desenvolvida pola empresa viguesa Elo Technologies, encargada de promocionar o comercio galego de proximidade. Centranse principalmente no ámbito de lecer e do tempo libre, achegándose con descontos tanto a compradores como a os empresarios, ofrecéndolles unha plataforma de gran alcance para os seus productos.

Por outra banda o Premio ao Mellor Desenvolvemento Web foi para a empresa Desoños, encargada de desenvolver a web delagro.org. A empresa galardoada adícase ao deseño e programación de páxinas webs, así como ao desenvolvemento de aplicacións para iOs e Android. Outro ámbito de actualidade no que tamén traballan é o mantemento de redes sociais