Dúas socias de Eganet participarán en senllos programas formativos

Redegal, empresa de desenvolvemento de software e consultoría tecnolóxica, e Ceo Aberto, que ofrece servizos relacionados coa actividade cultural, mundo creativo e comunicación, participarán activamente os vindeiros días 31 de maio e 1 de xuño en dúas xornadas formativas relacionadas coas súas respectivas áreas de negocio.

 

Redegal tomará parte nas Xornada de boas prácticas  que terá lugar mañá, 31 de maio, no CDTIC. Nesta xuntanza José Manuel Barros, director de desenvolvemento de negocio de Redegal, falará sobre Cloud Computing e as vantaxes que a nube trae consigo a empresas e clientes. 

A metodoloxía persigue acadar un contacto directo entre as empresas TIC galegas e os posibles demandantes de tecnoloxía, a través de ponencias prácticas e casos de éxito como é o da propia Redegal na súa solución baseada en GoogleApps para empresas doutro sectores produtivos como é o caso de Valdeconsa, que será analizado tamén ao longo desta xuntanza.

Ademais trataranse outros temas de actualidade coma os Social Media e os seus posibles usos por parte das empresas e o Software Libre como ferramenta de eficiencia e competitividade para as pemes, a través da análise de diversos casos de éxito xerados na nosa comunidade.

Por outra parte, a empresa Ceo Aberto estará na xornada A explotación dos recursos da empresa. Xeración de novas liñas de negocio nunha empresa de base tecnolóxica (EBT). Neste encontro, no cal intervén a fundadora de Ceo Aberto e vicepresidenta 2º de Eganet, Mónica Moure, analizarase como converter unha liña de investigación en tecido empresarial e o desenvolvemento de novas liñas de negocio nunha EBT.

O obxectivo de ámbalas dúas xornadas é aproximar as empresas galegas as novas tendencias tecnolóxicas que fagan posible a modernización dos seus negocios, a mellora da economía galega e a apertura a novos mercados.

Recordade que aínda estades a tempo de partipar. Para facelo, podedes formalizar a vosa insrición nos seguintes enlaces: Xornada de boas prácticas do CDTIC / Explotación dos recursos da empresa. Xeración de novas liñas de negocio nunha EBT.