Corunet desenvolve unha aplicación web con motivo do Derbi Galego

A empresa socia Corunet acaba de desenvolver unha novidosa aplicación web para a embotelladora galega Begano, que permite o seguimento en tempo real da repercusión do Derbi Galego desta fin de semana na rede social Twitter.

Recollida en Código Cero

A aplicación, á cal podemos acceder a través do dominio www.quieroserpartedelderbi.com, permite seguir de xeito inmediato a traxectoria e repercusión dos tweets que teñan como contido comentarios sobre o Deportivo, o Celta ou o Derbi

O obxectivo e mostrar os comentarios dos usuarios dun xeito novidoso a modo de infografía dinámica, cuantificando o número parcial e total, definindo o carácter positivo ou engativo dos mesmos e determinar a localización das mensaxes grazas a tweets xeoposicionados.

Deste xeito os seareiros de ambos equipos poderán mostrar a súa paixón polo fútbol galego en Internet, sempre cunha sana rivalidade. Os hashtags relacionados con este evento inclúen #quieroserpartedelderbi xunto coa etiqueta #depor ou #celta, dependendo de a quen queiramos apoiar, tamén se o desexamos podemos publicar en Twitter directamente dende a propia web.

Todos os que participen nesta competición virtual poderán optar a un sorteo dun balón de fútbol asinado polo seu equipo, ademais de facer balance da xornada grazas a esta aplicación web feita por un socio de Eganet.  

Dende os seus comezos, hai xa máis de dez anos, Corunet leva desenvolvendo dende sitios presenciais ata aplicacións complexas, distribuídas, orientadas a servizos, mashups ou intranets. O seu obxectivo é achegar experiencia e coñecementos para obter resultados visibles en Internet, creando ferramentas que lles permitan aos seus clientes ser máis competitivos neste medio.