Martes, 11 de Maio de 2010 16:31
A Torre de Hércules da Coruña conta cunha nova web, www.torredeherculesacoruna.com, ferramenta informativa de referencia, e un plan de comunicación on line, co que se cumpren, con seis meses de adianto, un dos obxectivos establecidos e suxeridos pola Unesco, segundo informa o Concello da Coruña. O proxecto inclúe un Museo Virtual operativo na web, desenvolto por unha das empresas socias de EGANET, Abertal Networks.

Xoves, 15 de Abril de 2010 11:35
María Yáñez e Xabier Cid recolleron o premio Content 360º "á experiencia de vídeo en liña de nova xeración" polo proxecto Canadian Augmented Films que presentaron ao National Film Board de Canadá. O proxecto propón unha experiencia inovadora na forma de ver cinema no móbil que inclue xeoposicionamento e realidade aumentada. O MIPTV de Cannes (Francia) e o máis importante mercado mundial de contidos dixitais e audiovisuais.
Martes, 13 de Abril de 2010 12:26
Igalia, empresa de enxeñaría en informática cuxa actividade se centra no desenvolvemento de solucións de software libre, selecciona para a súa sede na Coruña unha persoa como apoio ao seu equipo de xerencia en tarefas de administración, finanzas e organización. Máis información do perfil requirido e envío de currículos na bolsa de emprego de EGANET.
Xoves, 08 de Abril de 2010 15:33
A empresa galega SIXTEMA está a desenvolver unha rede social para compartir cartografía que só no seu primeiro mes de funcionamento congregou a máis de 400 usuarios. ikiMap achega como novidade a posibilidade de crear os mapas que se desexen coa información dispoñible, o que resulta de grande utilidade para todos os afeccionados e profesionais da cartografía e calquera outro usuario.

Martes, 06 de Abril de 2010 16:00
Canadian Augmented Films, un proxecto para levar o xeoposicionamento e a realidade aumentada á experiencia de consumir cine, é a idea que o National Film Board de Canadá seleccionou como finalista na categoría Next Generation Online Video Experience do certame Content 360º, que se celebra o 14 de abril en Cannes no marco do MIPTV, o máis importante mercado mundial de contidos dixitais e audiovisuais.
Páxina 28 de 33