Luns, 13 de Febreiro de 2012 14:03
A empresa compostelá Tesla Technologies, especializada en deseño web e programación e unha das máis recentes incorporacións a Eganet, ven de lanzar a páxina web www.teslatechnologies.net, coa que pretenden homenaxear á figura de Nikola Tesla, quen da nome á súa firma, e recuperar o legado científico e tecnolóxico dun dos máis importantes -e esquecidos- inventores do século XX.
Martes, 07 de Febreiro de 2012 12:03
Os proxectos colaborativos e alianzas entre as empresas socias de Eganet seguen dando froitos que contribúen á mellora dos procesos e da xestión doutras partes do tecido produtivo galego. O último exemplo témolo na alianza tecnolóxica entre Teimas e Enxendra, grazas á cal abriuse o servizo de factura electrónica no sector da xestión de refugallos, nomeadamente na plataforma Teixo, creada por Teimas en maio de 2010 e que conta a día de hoxe cunha interesante carteira de clientes entre as firmas do sector.
Venres, 03 de Febreiro de 2012 13:06
Grazas á súa ferramenta IdentityCall, que permite a autenticación a través do DNIe ou certificados dixitais das chamadas, a empresa Quobis Networks, radicada no Porriño, levou o galardón na categoría de Mellor Produto ou Sistema de Seguridade TIC na entrega dos Trofeos de Seguridade TIC, que anualmente convoca a revista especializada Red Seguridad.
Mércores, 01 de Febreiro de 2012 13:09

A empresa de solucións tecnolóxicas Redegal, socia de Eganet, ven de darlle un pulo ao seu labor coa apertura dunha nova oficina na cidade de Vigo. A apertura desta nova sede quere ser un paso estratéxico que responde ao obxectivo de buscar novas sinerxias coas empresas establecidas nesta cidade, afianzar as relacións xa creadas e atopar novos nichos de mercado para darlle maior saída aos seus servizos tecnolóxicos, que hoxe están orientados ao desenvolvemento de solucións de e-commerce e aplicacións para móbiles, ademais dos servizos de consultoría e software a medida que Redegal viña fornecendo tradicionalmente.
Venres, 27 de Xaneiro de 2012 14:08
Onte facíase público o programa completo do Compostweets 2012, a segunda edición do Encontro Anual de Social Media en Galicia que se celebrará o sábado 25 de febreiro no Centro de Novas Tecnologías de Galicia (CNTG). Tres das empresas de Eganet, Buydeal, Primate e Imaxín Software, participarán activamente en dúas das mesas redondas previstas para a xornada.
Páxina 10 de 33