Empresas Socias

Redegal participará na feira eShow de Barcelona

Venres, 07 de Marzo de 2014 18:07

Logo RedegalRedegal participará na feira eShow de Barcelona como empresa de referencia no sector ecommerce.

Redegal, a empresa galega de enxeñería dixital para as vendas e consultoría tecnolóxica, estará presente na feira eShow Barcelona 2014, que terá lugar os vindeiros días 12 e 13 de marzo na Fira de Barcelona. A empresa participa por primeira vez neste evento coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario e apoiada polos bos resultados recollidos con grandes contas nacionais, pero tamén de México, a onde a entidade deu o salto a finais do ano pasado.

Ler máis

   

Finalistas dos Premios Eganet 2013

Mércores, 29 de Xaneiro de 2014 15:05

Finalistas Premios Eganet 2013O xurado dos premios anuais que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet) ven de resolver e facer públicos os finalistas da X Edición dos Premios Eganet 2013 de entre as 105 candidaturas presentadas.

 
O vindeiro venres día 31 de xaneiro de 2014 terá lugar o acto de entrega dos galardóns no Pazo de Congresos Mar de Vigo, nunha gala que comezará ás 12.30h da mañá, ao longo do cal coñeceremos aos gañadores nas cinco categorías a concurso.

 

No transcurso da Gala, entregaremos o Premio Especial Eganet que foi elixido en votación interna polos socios de Eganet, que recaeu este ano no programa Banda Ancha da Radio Galega dirixido por Xosé María Fernández Pazos. Programa de radio que cumpre cinco anos adicados á difusión das novas tecnoloxías e a sociedad de información en Galicia.

 

Ler máis

   

Cambio de sede da X Gala de entrega de Premios Eganet 2013

Sábado, 25 de Xaneiro de 2014 20:10

 Premios Eganet 2013

Por motivos de aforo a nova sede para a X Gala dos Premios Eganet 2013 e LaconNetwork 4th terá lugar no Palacio de Congresos Mar de Vigo, situado na Avenida de Beiramar, 59 - Vigo.

http://www.palaciocongresosvigo.com/es/localizacion/mapa


Data: 31 de xaneiro de 2014

Hora:

9:00 - Recepción de asistentes Lacon Network

12:00 - X Gala de Premios Eganet 2013

 

Ler máis

   

Windsock, nova empresa socia, desenvolve unha ferramenta para simular a visualización web en mobilidade.

Venres, 14 de xuño de 2013 12:13

Eganet incorpora unha nova asociada, tratase da empresa compostelá Diseño y Software Windsock cuia actividade se centra no deseño, gráfico e web, e no desenvolvemento de software.

Na súa teima por optimizar a visualización dos entornos web, veñen de desenvolver unha aplicación no que calquera usuario pode visualizar como se presenta o seu espazo web nos distintos dispositivos móbiles. O enderezo para facer a comprobación da túa web é www.windsock.es/adaptativo 

Ler máis

   

Tesla cambia a cabeceira da súa web como premio a un concurso

Mércores, 05 de xuño de 2013 15:36

A empresa socia Tesla Technologies estreou nova cabeceira na súa web www.teslatechnologies.es. Trátase dunha pequeña animación dedicada á versión que realizou Slash da banda sonora do Padriño.

Ler máis

   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL