Martes, 11 de Outubro de 2011 14:38
As empresas de EGANET e a propia asociación teñen un motivo para aledarse e celebrar. Hoxe coñeciamos o fallo do xurado dos Premios INNOVA G 2011, promovidos por Agestic coa colaboración da Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo, o grupo Femxa e NovaCaixaGalicia.
EGANET gañou a Mención de Honor, que recoñece “a labor intensiva e fructífera de impulso da Sociedade da Información, poñendo especial énfase en Galicia, as súas empresas, entidades, produtos, servizos e proxectos TIC”, segundo as bases da convocatoria.
Este galardón, o primeiro que recebemos como asociación, é unha inxección de enerxía e unha gran ledicia. O recoñecemento indica que imos polo bo camiño e acentúa o valor do traballo, das boas ideas e, sobre todo, da colaboración e a confianza.
O primeiro agradecemento é, por suposto, para as nosas empresas socias, que son e seguirán sendo o capital máis valioso de EGANET e o noso obxectivo primordial. Grazas pola vosa proactividade e apoio!
Agradecemos tamén ao xurado que tivera en consideración a nosa entidade para esta Mención de Honor, que supón un voto de confianza na nosa labor e no sector en xeral tremendamente importante.
O Acto de Entrega celebraráse o vindeiro venres 14 de outubro ás 12.00 na sede da Fundación NCG en Compostela.
Atoparedes a información completa sobre os premios aquí