Eganet incorpora dous novos socios

Trátase de TEIMAS, Tecnoloxías da Información Medioambientais, e Aldaba Servicios Profesionales.

            

A primeira, compostelá, é unha empresa de desenvolvemento de software como servizo dispoñible en Internet e que achega solucións tecnolóxicas para o sector ambiental (xestión e transporte de residuos, vertedoiros, tramites telemáticos coa administración, etc.). A empresa está a desenvolver a plataforma de xestión Teixo, para empresas implicadas no proceso de xeración e xestión de residuos, adaptada ao estándar de comunicación e3l.

Pola súa banda, Aldaba, con sede na Coruña, xorde co obxectivo de "ser o socio tecnolóxico de referencia para empresas e institucións galegas na adaptación permanente ás demandas do mercado".   O seu abano de produtos e servizos agrúpase en dúas grandes áreas de coñecemento, Consultoría e Optimización da Xestión Empresarial, na que se concentran os servizos dirixidos ao aproveitamento das TIC para a optimización de procesos empresariais, redución de custos, incluíndo servizos de adecuación á lexislación vixente; e Tecnoloxía e Sistemas de Información, que abrangue dende os apartados de Infraestruturas e Comunicacións ata os Sistemas de Información de alto nivel.

A Asociación de Empresas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías avanza no seu obxectivo de representar e defender os intereses das empresas que desenvolven a súa actividade empresarial no ámbito das TIC.