Eganet estará na 4º edición das Xornadas Benvende, en Pontevedra

Achégase a 4º edición das Xornadas de Negocio Benvende, uns encontros empresariais organizados pola Concellería de Economía e Industria a través do BIC Galicia. A xuntanza será o día 26 de xuño no Hotel Galicia Palace, en Pontevedra, e contará unha vez máis coa participación das empresas de Eganet, que xa se implicaron en edicións anteriores. Coa presencia neste evento queremos reafirmar o compromiso da asociación e dos seus compoñentes cos programas de intercambio e coñecemento entre empresas e entidades, que supoñen unha boa posibilidade de ampliar as redes de negocio.

Recollida en PressPeople

 

A dinámica da xornada é sinxela: basease nunha serie de presentacións breves, duns 15 minutos, nas que cada empresa participante dará a coñecer os seus produto ás demais, en quendas rotativas. Así, o contacto directo está garantido, o que supón unha grande vantaxe e axilidade. A recepción dos participantes será ás 9:30, para dar paso a continuación á primeira das tres quendas rotativas que se desenvolverán ao longo da xornada. A hora aproximada de peche é as 18:00h.
 
A inscrición é gratuíta ata cubrir prazas e aínda estades a tempo de participar. Para confirmar a vosa asistencia tedes que encher e enviar o formulario online. Tamén podedes consultar o programa completo na web do BIC Galicia.

Nesta edición de Benvende estarán tamén presentes socias de AJE Pontevedra, Aemos (Asociación de Empresarios de Mos), FECA (Federación Comarcal de Empresarios de Arousa) e Fecimo (Federación de Comerciantes e Industrias do Morrazo).