Eganet colabora na organización conxunta dunha Xornada de Networking

O próximo 31 de maio, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), o Cluster TIC Galicia e Eganet celebrarán unha Xornada de networking, que terá lugar en Santiago de Compostela. A Xornada será un punto de encontro entre as empresas integradas nas citadas organizacións, co obxectivo de dar o primeiro paso para poñer en marcha oportunidades de negocio conxuntas.

Recollida en Código Cero I Cine por la Red | Cine&Tele Online

A xornada será presentada polos presidentes do Clúster TIC Galicia, Gerardo Crespo, do CLAG, Andrés Barbé, e de Eganet, Víctor López. A continuación os presidentes do CLAG e do Cluster TIC asinarán un convenio de colaboración, tras o cal se dará paso ao evento de networking. 

Os integrantes das tres organizacións participantes na xornada manterán entre eles encontros cara a cara. Un sistema de rotación garantirá que, ao cabo da xornada, cada un dos membros dunha organización teña mantido unha reunión con cada un dos membros das outras dúas organizacións.

Cada participante disporá de fichas de información sobre todos os demais, coas que poderá preparar os encontros bis a bis.

Para participar nesta Xornada podedes solicitar toda a información ao respecto escribindo aos mails das respectivas entidades: info@clusterticgalicia.com / proxectos@clag.es / info@eganet.org.