Eganet colabora con AGAL e Andaime na iniciativa aPorto

Eganet xunto con AGAL e Andaime colaboran na novidosa iniciativa aPorto que persegue a aprendizaxe do portugués mediante actividades lúdicas e con metodoloxía práctica. Esta iniciativa consiste nunhas Xornadas dunha semana de duración na cidade de Porto as segundas quincenas de xullo e agosto, grazas aos cales os interesados poderán por en práctica a súa expresión oral na lingua lusa, ademais de realizar multitude de actividades culturais e conversas de tipo informal. Todas as empresas socias vinculadas a Eganet poderán beneficiarse dunha tarifa reducida para realizar estes cursos de expresión oral en portugués.

Debido ao marco europeo e globalizado no cal nos atopamos, que prima o coñecemento de varios idiomas, este tipo de iniciativa supón unha oportunidade excelente para mellorar as competencias lingüísticas noutra lingua internacional con gran cantidade de falantes coma é o portugués. Ademais da estreita relación e parecido entre a nosa lingua e a dos veciños lusos, o que facilita a súa aprendizaxe, o interese pola cultura e as oportunidades de negocio para empresas en Portugal constitúen un factor de interese para mergullarse de cheo neste curso.

prezo para as empresas socias de Eganet é de 160€ (IVE incluído)

Podedes atopar máis información sobre a iniciativa na web de aPorto