Eganet

Eganet colabora con AGAL e Andaime na iniciativa aPorto

Venres, 06 de xullo de 2012 07:00

Eganet xunto con AGAL e Andaime colaboran na novidosa iniciativa aPorto que persegue a aprendizaxe do portugués mediante actividades lúdicas e con metodoloxía práctica. Esta iniciativa consiste nunhas Xornadas dunha semana de duración na cidade de Porto as segundas quincenas de xullo e agosto, grazas aos cales os interesados poderán por en práctica a súa expresión oral na lingua lusa, ademais de realizar multitude de actividades culturais e conversas de tipo informal. Todas as empresas socias vinculadas a Eganet poderán beneficiarse dunha tarifa reducida para realizar estes cursos de expresión oral en portugués.

Ler máis

   

Doce socias de Eganet crean un consorcio de comercio electrónico

Xoves, 28 de xuño de 2012 13:00

As dinámicas de colaboración e traballo conxunto das empresas de Eganet non deixa de dar resultados frutíferos. A última iniciativa foi a creación dun consorcio de empresas para o comercio electrónico no seo da asociación. A través deste grupo as doce firmas que o forman polo de agora dirixirán os seus esforzos cara á obtención de proxectos de calado no campo do e-commerce e á divulgación social das oportunidades que este sistema reporta ao tecido produtivo en xeral, tanto a nivel galego como estatal e internacional.

Recollida en Praza | Código Cero | Galicia Digital | Ecodixital | Portal do Comerciante Galego

Ler máis

   

Os socios de Eganet terán un desconto para contratar espazos no Culturgal 2012

Xoves, 21 de xuño de 2012 13:39

Un ano máis o Culturgal volverá ao Pazo da Cultura de Pontevedra entre o 30 de novembro e o 2 de decembro. Como vén sendo habitual, Eganet colabora e participa na organización deste gran escaparate das industrias culturais galegas e abre o espazo ás empresas socias para que tamén elas poidan aportar os seus proxectos e coñecementos ao amplo abano de oferta da feira.

Ler máis

   

Primeiro encontro CATS sobre Tecnología Social en Galicia

Mércores, 20 de xuño de 2012 17:20

A tecnoloxía social, a que contribúe a mellorar diversos aspectos da vida das persoas, é o eixo central dos encontros do Club de Amigos da Tecnoloxía Social (CATS), unha iniciativa que provén da Fundación Tecnología Social (FTS) e que recalará no CNTG de Compostela o vindeiro 28 de xuño tras cinco exitosas edicións en Madrid. En Eganet traballamos dende sempre para que a tecnoloxía sexa unha ferramenta que rompa as fendas de todo tipo entre as persoas e, consecuentemente, participaremos neste evento a través da presenza do presidente da asociación, Víctor López.

Recollida en Código Cero | OSIMGA

Ler máis

   

Eganet estará na 4º edición das Xornadas Benvende, en Pontevedra

Mércores, 20 de xuño de 2012 10:55

Achégase a 4º edición das Xornadas de Negocio Benvende, uns encontros empresariais organizados pola Concellería de Economía e Industria a través do BIC Galicia. A xuntanza será o día 26 de xuño no Hotel Galicia Palace, en Pontevedra, e contará unha vez máis coa participación das empresas de Eganet, que xa se implicaron en edicións anteriores. Coa presencia neste evento queremos reafirmar o compromiso da asociación e dos seus compoñentes cos programas de intercambio e coñecemento entre empresas e entidades, que supoñen unha boa posibilidade de ampliar as redes de negocio.

Recollida en PressPeople

 

Ler máis

   

Páxina 2 de 36